jueves, 28 de mayo de 2020

TAREFAS SEMANA 1 AO 5 DE XUÑO

Boa semana a todos.
Xa estamos de volta. Esperamos que todos sigades ben e con ánimo.
Aquí vos deixamos as TAREFAS PARA ESTA SEMANA.  (Inclúen as fichas que das que damos explicación a continuación).

Desta vez utilizamos en algunhas actividades un sistema de envio que non usaramos ata agora.... unhas fichas ás que accederás nos seguintes enlaces e que poderás completar co ordenador e enviar á túa profe. Esperamos que vos guste esta modo de envío e que vos facilite a tarefa. 

Cando rematas a ficha debes dar a "Terminado" e aparecerán os recadros para completar:
Nome: (Se pos o grupo, non é necesario o apelido) 
Curso: 3º A ou B
Cando o completes dá a "Enviar"

Unha vez que a envies poderás ver os erros/acertos e a puntuación. 


domingo, 24 de mayo de 2020

TAREFAS 25-29 MAIO

Velaquí estamos de novo! Que tal todo? Esperamos que todo vaia evolucionando a mellor.
Nós estamos moi contentas da vosa resposta no muro da semana pasada. Todos os que participastes fixestes proposta moi chulas. Esperamos que vós tamén gozarades facéndoo e vendo as propostas dos compañeiros. 

Esta semana presentamos unha nova proposta deTAREFAS



Para os que poidades (recordade que as actividades feitas con Flash non se ven nos móbiles e tablets) unhas actividades de REPASO CON MOEDAS 


viernes, 22 de mayo de 2020

AXUDAS FONDO LIBROS/ MATERIAL E COMEDOR

NA WEB DO CENTRO INFORMACIÓN MÁIS DETALLADA:
FONDO LIBROS
COMEDOR

Publicamos a información enviada por Abalar móbil ás familias o pasado 19 de maio.

Convocado fondo e axudas para libros e material
Descrición do aviso: Publicada no DOG hoxe a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2020/21 (código de procedemento ED330B).
Prazo: “preferentemente” nas datas indicadas referidas ao nivel educativo no que estará o alumno/a no 20-21:
No caso de irmáns pode acollerse ao que mellor lle conveña
1º EP: 22-25-26 maio
2º EP: 27-28-29 maio
3º EP: 1-2-3 xuño
4º EP: 4-5-8 xuño
5º EP: 9-10-11 xuño
6º EP: 15-16-17 xuño

Nesas mesmas datas pode presentarse preinscrición no comedor (provisorio). Para comedor tamén pode presentarse mediante correo electrónico en avisoscomedorportofaro@gmail.com  indicando:
 - Nome do alumno/a no asunto
 - Solicitude cuberta e asinada escaneada en pdf
 - Resto de docs (cando se teña) noutro/s fichero/s


domingo, 17 de mayo de 2020

TAREFAS SEMANAIS (18-22 MAIO). VAI DE LETRAS GALEGAS!!

Esta entrada é longa, míraa ata o final.

FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS!!

Cada 17 de maio festexamos o Día das Letras. É un día importante para a cultura galega.
Convidámoste a festexalo  e a axudarnos a cultivar o noso galego. Úsao , polo menos un pouquiño,  para que medre e floreza.
 Fonte: imaxe tomada de primaveradasletras.gal




CONTO DO AUTOR HOMENAXEADO ESTE ANO.



Para entreterte. Descargables sobre as Letra Galegas 2020 (Tomados de primaveradasletras.gal)
  1. DEBUXO PARA COLOREAR SOBRE O CONTO AS PITAS BAIXO A CHOIVA
  2. MARCAPÁXINAS DESCARGABLE  LETRAS GALEGAS 2020

MURO PARA IR  COLGANDO OS VOSOS TRABALLOS DAS LETRAS  GALEGAS (ESTÁN MARCADOS NAS TAREFAS DESTA SEMANA)
Animámosvos a que os subades vós, Cada un na columna correspondente do muro. 
Dade a máis (+) nunha columna e xa podedes escribir, engadir unha pista, canción... que queirades. Non esquezades poñer no voso post-it o voso nome sen apelido e o curso. Tamén  podedes comentar  ou dar un like aos post dos compañeiros. Para ver os outros post-it ide cara abaixo en cada columna.
Se non conseguides subilos,  colgaremos nós os traballos que nos enviedes. 

Hecho con Padlet

domingo, 10 de mayo de 2020

TAREFAS DA SEMANA 11 AO 15 DE MAIO


Deixámosvos as tarefas para esta semana. Necesitaredes  un caderno para facer as do pequeno conto que vos poñemos de lectura.
E como dicimos sempre, ainda que facemos unha proposta de tarefas por día, as vosas situacións son parte importante e debedes adaptar os tempos a elas.
Moito ánimo, estades facéndoo moi ben. Moi boa semana e  moitos bicos.


Enlace ao conto de lectura. A MELLOR SOPA DO MUNDO.

TAREFAS SEMANAIS.


miércoles, 6 de mayo de 2020

TAREFAS DE PLÁSTICA

A  profe Esther mándavos un saúdo a todos e deixavos unha proposta para traballar a Plástica.
Cando a rematedes podedes enviar a foto do voso traballo ao correo que vos indica nas instruccións.

Seguro que sodes moi creativos e vos saen marabillas.

Proposta de traballo de Plástica

lunes, 4 de mayo de 2020

TAREFAS SEMANA 5 AO 8 MAIO

Ainda que hoxe sería día de ponte no noso colexio, deixámosvos aquí as tarefas para esta semana. Xa sabedes, como sempre, están distribuidas por días pero a organización é flexible.

Esta semana propoñemos a lectura dun pequeno libro que vos deixamos abaixo e do que tedes que responder ás preguntas que veñen no final. Esperamos que vos guste e que vos faga pensar.  É moi sinxeliño de ler e moi ameno. Boa lectura e boa semana.

LIBRO DE LECTURA.

TAREFAS SEMANA 5 AO 8 DE MAIO.

CREBACABEZAS PARA O DÍA DA NAI

Este domingo foi o día da nai. Para celebralo deixamos este crebacabezas.

Para os que vos gusten os "puzzles", que ademais de entreter axudan a traballar a percepción viso-espacial e a concentración. Neste páxina https://www.jigsawplanet.com/
 podes facer este e outros crebacabezas que podes escoller por dificultade ou tema. Tamén podes cambiarlle o número de pezas.
Para acceder  ao da imaxe  preme aquí

Verás que dentro da páxina enlazada,  na barra inferior á esquerda aparece un incono de imaxe, se premes aparece a foto que tes que construir e se lle dás á pantasma aparece a foto como fondo para ir poñendo as pezas sobre ela.
Elixe a maneira que máis che guste, pero o reto é facelo sen imaxe de fondo.