Mostrando las entradas con la etiqueta Tarefas. Mostrar todas las entradas
Mostrando las entradas con la etiqueta Tarefas. Mostrar todas las entradas

domingo, 17 de mayo de 2020

TAREFAS SEMANAIS (18-22 MAIO). VAI DE LETRAS GALEGAS!!

Esta entrada é longa, míraa ata o final.

FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS!!

Cada 17 de maio festexamos o Día das Letras. É un día importante para a cultura galega.
Convidámoste a festexalo  e a axudarnos a cultivar o noso galego. Úsao , polo menos un pouquiño,  para que medre e floreza.
 Fonte: imaxe tomada de primaveradasletras.gal




CONTO DO AUTOR HOMENAXEADO ESTE ANO.



Para entreterte. Descargables sobre as Letra Galegas 2020 (Tomados de primaveradasletras.gal)
  1. DEBUXO PARA COLOREAR SOBRE O CONTO AS PITAS BAIXO A CHOIVA
  2. MARCAPÁXINAS DESCARGABLE  LETRAS GALEGAS 2020

MURO PARA IR  COLGANDO OS VOSOS TRABALLOS DAS LETRAS  GALEGAS (ESTÁN MARCADOS NAS TAREFAS DESTA SEMANA)
Animámosvos a que os subades vós, Cada un na columna correspondente do muro. 
Dade a máis (+) nunha columna e xa podedes escribir, engadir unha pista, canción... que queirades. Non esquezades poñer no voso post-it o voso nome sen apelido e o curso. Tamén  podedes comentar  ou dar un like aos post dos compañeiros. Para ver os outros post-it ide cara abaixo en cada columna.
Se non conseguides subilos,  colgaremos nós os traballos que nos enviedes. 

Hecho con Padlet

domingo, 10 de mayo de 2020

TAREFAS DA SEMANA 11 AO 15 DE MAIO


Deixámosvos as tarefas para esta semana. Necesitaredes  un caderno para facer as do pequeno conto que vos poñemos de lectura.
E como dicimos sempre, ainda que facemos unha proposta de tarefas por día, as vosas situacións son parte importante e debedes adaptar os tempos a elas.
Moito ánimo, estades facéndoo moi ben. Moi boa semana e  moitos bicos.


Enlace ao conto de lectura. A MELLOR SOPA DO MUNDO.

TAREFAS SEMANAIS.


miércoles, 6 de mayo de 2020

TAREFAS DE PLÁSTICA

A  profe Esther mándavos un saúdo a todos e deixavos unha proposta para traballar a Plástica.
Cando a rematedes podedes enviar a foto do voso traballo ao correo que vos indica nas instruccións.

Seguro que sodes moi creativos e vos saen marabillas.

Proposta de traballo de Plástica

lunes, 4 de mayo de 2020

TAREFAS SEMANA 5 AO 8 MAIO

Ainda que hoxe sería día de ponte no noso colexio, deixámosvos aquí as tarefas para esta semana. Xa sabedes, como sempre, están distribuidas por días pero a organización é flexible.

Esta semana propoñemos a lectura dun pequeno libro que vos deixamos abaixo e do que tedes que responder ás preguntas que veñen no final. Esperamos que vos guste e que vos faga pensar.  É moi sinxeliño de ler e moi ameno. Boa lectura e boa semana.

LIBRO DE LECTURA.

TAREFAS SEMANA 5 AO 8 DE MAIO.

miércoles, 29 de abril de 2020

AVISO SOBRE AULA VIRTUAL DE MÚSICA

Deixámosvos estes aviso que a profesora de Música, Ana, nos pide que transmitamos.


Esta é a carta onde vos convida a entrar e onde vos explica como. Clica AQUÍ


lunes, 27 de abril de 2020

PLANIFICACIÓN DA SEMANA 27 A 30 DE ABRIL

DEIXÁMOSVOS UNHA PROPOSTA DE TRABALLO PARA ESTA SEMANA. SÓ PRECISAN UN CADERNO, NON TERÍAN QUE IMPRIMIR NADA.

OBSERVADE QUE EN ALGÚN DÍA HAI TAREFA PARA ENTREGAR (FOTO POR CORREO)

GRAZAS E BOA SEMANA

PLANIFICACIÓN PARA ESTA SEMANA


AVISO:   TEDES PROPOSTA DE TRABALLO DE MÚSICA NA AULA VIRTUAL

viernes, 24 de abril de 2020

Solucionario de "Repaso semana 20-24 abril"

Ola a todos.

Deixámosvos o solucionario das tarefas do arquivo "Tarefas semana 20-24 abril". Podedes revisar, para facer autocorrección e ver posibles erros. Ainda que seguro teredes todo ben.
As tarefas de inventar un conto e describir (está marcado no solucionario) enviádenolas ás profesoras.
Deixamos o solucionario tamén na entrada onde puxemos as tarefas o luns.

Solucionario

lunes, 20 de abril de 2020

TAREFAS CON SNAPPET NA CASA

Ola a todos.

Xa tedes dispoñibles nos vosos correos as claves de acceso persoais para traballar con snappet na casa.

A utilización da plataforma non ten ningún custo. O acceso é gratuito. E permitiranos aos profes facer un seguemento online das actividades que os nenos fagan.

Os profesores iremos poñendo tarefas para que poidades facer desde a plataforma.
Tedes que entrar en https://alumno.snappet.org/login?1587382326890=   e introducir as claves que vos facilitamos no correo electrónico. O alumno/a xa terá algunhas leccións accesibles. E iremos disponibilizando máis a medida que as vaian facendo.


Para calquera dúbida xa sabedes como contactarnos.



TAREFAS SEMANA 20 A 24 DE ABRIL

Ola rapaces e rapazas

Outra vez vos deixamos unhas poucas tarefas para esta semana.
Ademais esta semana comezamos a traballar con snappet. De maneira que será máis fácil que fagades as tarefas e nós vaiamos vendo o que facedes. Así que estas que vos deixamos aquí son para ir facendo sen agobios, porque algo hai que escribir. Non vai ser todo tablet.
Son unhas poucas tarefas máis que as da semana  pasada, para que os que van a ritmo lixeiro teñan traballo. E ainda que é bo que as vaiades facendo, tampouco é cuestión de agobiarse por rematar todo ou seguir a pauta dos días que marcamos. Trátase de traballar todos os días algo, pero a organización é libre.

TAREFA SEMANA 20-24 ABRIL 

REPASO ONLINE TEMA DIVISIÓN

REPASO ONLINE TEMA O CORPO

Solucionario para autocorrección de "Tarefas semana 20-24 abril"

lunes, 30 de marzo de 2020

TRABALLOS PARA A 3ª SEMANA

TRABALLOS PARA A 3ª SEMANA

E PROBLEMAS DE REPASO 

Estimadas familias, esperamos que as nosas propostas non estean resultando unha presión, nin sexan motivo de conflicto ou preocupacións nestes días diferentes e imprevistos.

Volvémosvos a dicir que as tarefas non son obrigatorias e que en cada casa se irán desenvolvendo como cadaquén (referímonos aos adultos, obviamente) considere ou poida.

Consideramos que o obxectivo é que o alumnado continúe con un hábito de traballo, dentro deste confinamento á espera de que a normalidade volva ás nosas vidas.

Dado o nivel educativo no que están, a educación á distancia faise complicada e sabemos que a axuda das familias é fundamental, o cal agradecemos enormemente.

Deixámosvos dous arquivos cunhas fichas de traballo para esta semana que se poden complementar con todas as web e canles educativo dos que vos estamos informando ou que chegan a vós desde outros medios.

Un saúdo



martes, 24 de marzo de 2020

Xogando coas palabras

Deixámosvos aquí uns enredos lingüísticos para que os nenos e nenas aproveiten para escribir. Preme aquí para acceder.

Comprensión en galego

Aquí vos deixamos tres lecturas en galego e algúns exercicios de cada unha. Preme aquí

lunes, 23 de marzo de 2020

La Eduteca - La división. Introducción




Proba ti con estes dous  sinxelos exercicios.

Agora fai estas sinxelas divisións dunha cifra. Seguro que o fas moi ben. Ánimo... e usa as solucións só para corrixir.

Cuaderno de repaso para 3º. La Calesa

A editorial La Calesa facilita este caderno con distintas actividades de repaso para 3º. Inclúe  unha variedade de exercicios de ortografía, comprensión lectora, expresión escrita e matemáticas.

Xa sabedes que o material que poñemos á vosa disposición é un recurso que vos ofrecemos para seguir a rutina escolar e non perder o hábito lectoescritor, de cálculo, de estudo... Pero claro está, que non todas as situacións familiares son iguais. Por un lado non  todos tedes acceso a impresora, ordenador, etc. E por outro non todos os pais tedes o mesmo tempo para adicar ás tarefas cos nenos; xa que algúns traballades ou tedes outras obrigas sobrevidas con esta situación. O certo é que as condicións non son as de antes do confinamento e por tanto a esixencia escolar non pode ser igual que no colexio, porque non todos teñen as memas condicións nas súas casas. Por iso recordamos que a proposta de actividades como esta  é flexible. Tratando de respectar a realización diaria de tarefas escolares.

No caso concreto deste caderno,  non tedes que facelo todo. Ide escollendo actividades das distintas categorías  e completándoas.

A idea de facilitar un caderno extenso é para permitir que os que traballan a bo ritmo teñan  actividades dispoñibles,  pero non implica que os que traballan máis lentamente deben pasar horas infinitas ata facelo todo. Non buscamos sobrecargar ás familias.

Accede ao caderno de repaso de 3º La Calesa.