Mostrando las entradas con la etiqueta Participa. Mostrar todas las entradas
Mostrando las entradas con la etiqueta Participa. Mostrar todas las entradas

viernes, 24 de abril de 2020

RETO ARTÍSTICO

O pasado 15 de abril foi o día Mundial da arte. E entre todos os profes do cole fixemos este video para conmemoralo. Esperamos que vos guste.

PORTOFARO CON ARTE

Coñeciades todos estes cadros? Gustouvos?

Agora é o voso turno. É fácil. Animámosvos a que participedes neste reto que lanza o colexio para todas as familias.


Ola familias!
Aquí vos deixamos outra idea de entretemento educativa e creativa que pensamos lles pode gustar aos nenos e nenas (e se cadra tamén a maiores). Invitámosvos a que, se queredes, participedes con nós nesta actividade sen prazo, nin límite de tempo. 
Consiste básicamente en recrear unha obra de arte pictórica, escultórica, fotográfica... cos medios e recursos que teñamos a man. Como vedes na nosa, participan maiores, nenos e nenas, mascotas , o que se queira. 
Unha vez recreada , sacades a foto e a colocades nun documento novo xunto á orixinal e volvedes a gardar para mandala como unha soa foto que teredes que enviarnos a museoarte@ceipportofaro.com
A medida que vaian chegando as iremos colocando, co voso permiso, nun espazo público para que se poida ver como vai quedando. Esperamos que vos guste a idea e que , quen lle apeteza participe coa súa "recreación de arte en Portofaro"

A PARTICIPAAAARR!!



jueves, 16 de abril de 2020

AS NOSAS VIAXES IMAXINARIAS

AS NOSAS VIAXES de maria luisa mosquera

IMOS DE VIAXE

IMOS  DE VIAXE...

XA NOS DERON AS NOTAS, E DESPOIS DESTE CAÓTICO  TRIMESTRE BEN MERECEMOS UNHA VIAXE.
IMOS ALÁ???



UPPS!!!! VAI SER QUE NON!!!! SOMOS XENTE DE SENTIDIÑO E IMOS QUEDAR NA CASA.



AGORA BEN, A IMAXINACIÓN SEGUÍMOLA TENDO, NON??


POIS  TEMOS UNHA PROPOSTA PARA TÍ. PREME AQUÍ