lunes, 30 de marzo de 2020

Video co saúdo portofareiro para os nosos nenos e nenas

Queremos compartir con todos vós un saúdo cariñoso para todos os nosos nenos e familias. Está feito coa ilusión de que vos guste e de que pronto nos vexamos en persoa.

Bicos a todos/as.

Clica aquí


AVISO IMPORTANTE ALUMNADO DE COMEDOR

Hoxe convocouse unha axuda para os usuarios de comedor gratuítos ou que abonen un euro.
Os interesados tedes a nota informativa do colexio premendo aquí. 
E toda a información na web do colexio http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipportofaro/

O prazo remata o día 6 de abril.

Xogos didácticos on line



Neste enlace, tedes unha morea de xogos didácticos para repasar xogando algúns conceptos. Chámase Vedoque. 

ACURTANDO DISTANCIAS

QUE VOS PARECE SE NOS VEMOS OS CARETOS???

XA LEVAMOS MOITOS DÍAS SEN VERNOS, BOTÁMONOS MOOOOITO DE MENOS.

SE VOS APETECE, PEDÍDELLE A ALGUÉN QUE VOS QUITE UNHA FOTO CUNHA FRASE

DE ÁNIMO E MANDÁDEA AO CORREO DA VOSA PROFE. AS PROFES MONTAREMOS UN

VÍDEO CON ELAS E ASÍ TOD@S VOLVEREMOS A VERNOS... ACURTANDO UN POUCO A

DISTANCIA.


TRABALLOS PARA A 3ª SEMANA

TRABALLOS PARA A 3ª SEMANA

E PROBLEMAS DE REPASO 

Estimadas familias, esperamos que as nosas propostas non estean resultando unha presión, nin sexan motivo de conflicto ou preocupacións nestes días diferentes e imprevistos.

Volvémosvos a dicir que as tarefas non son obrigatorias e que en cada casa se irán desenvolvendo como cadaquén (referímonos aos adultos, obviamente) considere ou poida.

Consideramos que o obxectivo é que o alumnado continúe con un hábito de traballo, dentro deste confinamento á espera de que a normalidade volva ás nosas vidas.

Dado o nivel educativo no que están, a educación á distancia faise complicada e sabemos que a axuda das familias é fundamental, o cal agradecemos enormemente.

Deixámosvos dous arquivos cunhas fichas de traballo para esta semana que se poden complementar con todas as web e canles educativo dos que vos estamos informando ou que chegan a vós desde outros medios.

Un saúdo



jueves, 26 de marzo de 2020

AVISO IMPORTANTE

As notas da 2ª avaliación entregaranse a través da app Abalar móbil. Por favor, instaládea aqueles que ainda non a tedes. 


Se alguén ten dificultades para facelo, por favor, notificádenolo por correo-e. Grazas. 

miércoles, 25 de marzo de 2020

Xogo da oca para brincar

Como non todo é estudar, deixámosvos aquí esta oca para moverse un pouco e pasar o tempo.
A ver se vos gusta.

Alternativas de lecer desde a casa. Concello de Cambre

O Concello e Cambre recopila un listado de diferentes actividades educativas, culturais, lúdicas... a facer desde a casa.
Preme aquí para acceder.

http://www.cambre.es/novas/o-concello-de-cambre-descubre-algunhas-das-alternativas-de-lecer-que-se-poden-facer-na-casa-durante-o-confinamento/?fbclid=IwAR1x1EcteaZUoIblEzYa1SpVC30VYusm59NXWpKoRV0NsETRYW3wv--9q58

martes, 24 de marzo de 2020

Xogando coas palabras

Deixámosvos aquí uns enredos lingüísticos para que os nenos e nenas aproveiten para escribir. Preme aquí para acceder.

Comprensión en galego

Aquí vos deixamos tres lecturas en galego e algúns exercicios de cada unha. Preme aquí

lunes, 23 de marzo de 2020

La Eduteca - La división. Introducción




Proba ti con estes dous  sinxelos exercicios.

Agora fai estas sinxelas divisións dunha cifra. Seguro que o fas moi ben. Ánimo... e usa as solucións só para corrixir.

Bartoliña, a nosa serpiña

Xa non tes motivo para aburrirte. Está aquí Bartoliña, a nosa serpiña.  Crea ti serpes para facer cálculo e ponlles nome.  Podes escoller o número máximo do resultado, as cantidades e o tipo de operacións. E obter os resultados (pero só para autocorrixir despois de facer os cálculos).
Veña a crear desde este enlace.



EduClan

Outro recurso accesible a todos.
Non sei exactamente o que van emitir, pero revisando o que teñen colgado na web e vendo por riba o que emitiron hoxe na TV sobre matemáticas, a franxa de 10-11h (8-10 anos) paréceme adecuada para os nosos nenos. Hoxe p.e multiplicaron por dúas cifras.

Déixovos o programa de hoxe, aínda que seguro teredes acceso desde rebobina (R) ou outras plataformars.

Programa Educlan 23 marzo. Matemáticas 8-10 anos



Cuaderno de repaso para 3º. La Calesa

A editorial La Calesa facilita este caderno con distintas actividades de repaso para 3º. Inclúe  unha variedade de exercicios de ortografía, comprensión lectora, expresión escrita e matemáticas.

Xa sabedes que o material que poñemos á vosa disposición é un recurso que vos ofrecemos para seguir a rutina escolar e non perder o hábito lectoescritor, de cálculo, de estudo... Pero claro está, que non todas as situacións familiares son iguais. Por un lado non  todos tedes acceso a impresora, ordenador, etc. E por outro non todos os pais tedes o mesmo tempo para adicar ás tarefas cos nenos; xa que algúns traballades ou tedes outras obrigas sobrevidas con esta situación. O certo é que as condicións non son as de antes do confinamento e por tanto a esixencia escolar non pode ser igual que no colexio, porque non todos teñen as memas condicións nas súas casas. Por iso recordamos que a proposta de actividades como esta  é flexible. Tratando de respectar a realización diaria de tarefas escolares.

No caso concreto deste caderno,  non tedes que facelo todo. Ide escollendo actividades das distintas categorías  e completándoas.

A idea de facilitar un caderno extenso é para permitir que os que traballan a bo ritmo teñan  actividades dispoñibles,  pero non implica que os que traballan máis lentamente deben pasar horas infinitas ata facelo todo. Non buscamos sobrecargar ás familias.

Accede ao caderno de repaso de 3º La Calesa.

Xerador de exercicios de cálculo mental

Aquí deixamos un enlace a un xerador de exercicios de cálculo mental e de operacións. Podes escoller a dificultade e o tipo de operación, entre outras cousas. E o mellor, corrixe e vai marcando o número de acertos. Queda no lateral un enlace ao recurso.
Ánimo e a repasar un pouco. Preme aquí para empezar


miércoles, 18 de marzo de 2020

Smartick: Dividir entre 1 cifra

Novas tarefas para 3º

Algunhas persoas xa nos indicaron que remataron as tarefas. Aqui vos deixamos un enlace a unha nova batería de tarefas para 3º curso.
Preme aquí para acceder.

Las Palabras Monosémicas y Polisémicas






 Fai agora os exercicios. Preme aquí aquí para acceder.

Xogo para repasar as táboas de multiplicar



Unha maneira de facer manualidades e repasar as táboas. Podes construirte un taboleiro para xogar e practicar as multiplicacións. Ou imprimilo desde aquí. 

Esperamos que vos guste. 

A moverse!!



 É unha app para IOS que nos anima a facer exercicio. Ánimo.

Tipos de texto: Receta de cocina


Aqui tedes un video no que coñecer un tipo de texto. E que vos dá oportunidade de escribir sobre algo no que seguro estades axudando na casa.
Xa sabedes, escribide unha receita como pide no final do video.



martes, 17 de marzo de 2020

Galicia le




Queremos recomendarvos unha páxina que quizais moitos como usuarios das bibliotecas públicas coñezades.
Trátase de GaliciaLe. Unha plataforma que pon a disposición do público infantil e adulto diferentes libros, revistas e películas  en préstamo online ou descargable. Tanto en galego como en castelán. Preme aquí para acceder.

Se dispoñedes de carné da biblioteca pública podedes entrar co nome de usuario e contrasinal do voso carné.

Seguro que atopades lecturas ao voso gusto.

Un saúdo

Botamos a andar

Ola a todos, nenos/as e familias.
Esperamos que este blog vos sexa útil para seguir en contacto co cole e acceder a diferentes recursos educativos que vos axuden a refrescar e reforzar tarefas escolares.
En momentos como este é bo establecer rutinas que nos axuden a organizar o tempo e dentro delas o momento para o estudo debe ser unha parte.
Confiamos en servos de axuda e mandámovos ánimos para levar o mellor posible a situación.
 Moitos bicos para os nosos nenos e nenas. Esperamos velos pronto.

As titoras.