Ola familias
Queremos achegarvos un recurso que quizáis xa coñezades. Trátase dun editor online de pdf.
Permítevos subir a esta páxina un arquivo pdf e convérteo en arquivo editable. Poderedes escribir ou incluir imaxes, etc nese documento.
Este recurso pode servos útil se non podedes imprimir e non queredes que os nenos pasen tanto tempo copiando os exercicios (ainda que non deben deixar de practicar a escrita á man).
Hai deferentes editores online de pdf (podedes buscar en internet), nós deixámosvos este como exemplo. É bastante fácil de usar. Non necesita rexistrarse. Só entrar e subir o arquivo que queiras usar, e gardar os cambios para xerar un novo pdf. Trátase de https://www.sejda.com/es/pdf-editor
Unhas pequenas indicacións, por se alguén precisa.
1. Entrar en https://www.sejda.com/es/pdf-editor
2. Clicar en "Subir archivo pdf" e subir o arquivo co que queiras traballar.
3.- Automaticamente abre un arquivo editable. Xa podes modificalo.
Para escribir as respostas tedes que asegurarvos de que está clicado o recadro texto (Text) que aparece na parte superior da pantalla nunha barra branca e azul. Con recadro "Text" marcado en azul xa podedes clicar en calquera parte do documento e empezar a escribir.
Todo o que fagades podedes desfacelo marcando na barra superior "More", desprégase unha pestaña e clicades "Undo" desfacer. Seleccionades que acción queredes desfacer e clicades "revert selected" (revertir, desfacer o seleccionado).
Podedes engadir unha páxina en branco para escribir ou pegar unha imaxe clicando en "insert page here".
4..- Cando rematedes de escribir ou completar todo o que queirades podedes gardar o arquivo dando á pestana "Aplicar cambios" que aparece en verde no fondo da páxina.
Crea un novo pdf que inclúe os vosos cambios. Este novo arquivo podedes gardarlo (clicar en "download") enviarlo ou imprimirlo.
Espero non telo liado moito 😊
No hay comentarios.:
Publicar un comentario