viernes, 19 de junio de 2020

DESPEDIDA DE CURSO E PROPOSTAS PARA O VERÁN



Rematou o curso. E queremos felicitarvos a todos por chegar ata aquí con ánimos. Alumnado e familias. Por iso vos deixamos esa pequena homenaxe en forma de postal.




Este curso  que acaba recordarémolo todos por distintas cousas, entre elas por ser un curso atípico e cheo de incertezas. Pero parécenos que debemos saber verlle tamén algunha  cousa boa. E unha delas, e moi importante, é a capacidade de adaptación. E vós soubestes sobrepoñervos e adaptarvos á nova situación. Sodes uns CAMPIÓNS E CAMPIONAS.

Esperamos volver a vernos en setembro cheos de enerxía e positividade, con moitas gañas para enfrentarnos a outro curso e ás novidades que nos depare. 
Mentres, descansade, divertídevos e  gozade do verán nas grandes e nas pequenas cousas de cada día. E  dedicade tamén  un pouco de tempo aos retos que aquí vos propoñemos. E que vos axudarán a chegar a setembro  máis capaces. 
MOI BO VERÁN A TODOS. 

No documento que que aparece AQUÍ deixámosvos a nosa proposta para verán. 

O BOLETÍN COAS NOTAS RECIBIRÉDELO POR ABALAR MÓBIL AO LONGO DO DÍA DE HOXE. Como na 2º avaliación. 

SEN NADA DEFINITIVO RESPECTO AO CURSO 2020-21, SE O HAI ANTES DE SETEMBRO COMUNICARASE NA WEB DO CENTRO E POR ABALAR MÓBIL.

GRAZAS E BO VERÁN. COIDÁDEVOS. 





No hay comentarios.:

Publicar un comentario