martes, 29 de septiembre de 2020
A ORDE ALFABÉTICA. O ALFABETO GALEGO
Para ordenar alfabeticamente precisamos saber o alfabeto. O alfabeto galego ten algunha letra menos que o castelán. Fíxate.
O alfabeto ou abecedario é o conxunto de letras con que se representan os sons dunha lingua.
O nome alfabeto creouse ao xuntar alfa + beta, os nomes das dúas primeiras letras do grego. Abecedario é o resultado de unir as catro primeiras letras do latín.
Ao contrario do que acontece no español, o nome das letras é de xénero masculino en galego: o a, o be, o pe etc.
O noso alfabeto consta de 23 letras ou grafías (5 vogais e 18 consoantes):
Os dígrafos
Ademais destas 23 letras, temos tamén 6 dígrafos. Un dígrafo é unha combinación de dúas letras que se empregan para representar na escrita, un único son. Os dígrafos do galego son:
Matemáticas. Aproximación a las centenas y a los millares.
Fíjate en la imagen para repasar como aproximamos a las decenas, centenas, unidades de millar...
Y mira el video para ver como se hace.
BENVIDA. CURSO 20-21
Benvidos a todos.
Xa hai uns días que retomamos o curso presencialmente. Reencontrámonos tamén aquí esperando que o blog sexa un espazo de encontro desde o que poder acceder aos recursos e facilitar as tarefas escolares.
Este novo curso ven cheo de retos, dúbidas, ilusións... e co esforzo e colaboración de todos estamos seguros que conseguiremos superalo con éxito e sen grandes inconvenientes.
De modo, que ÁNIMO, A TRABALLAR... E BO CURSO A TODOS/AS.