Para ordenar alfabeticamente precisamos saber o alfabeto. O alfabeto galego ten algunha letra menos que o castelán. Fíxate.
O alfabeto ou abecedario é o conxunto de letras con que se representan os sons dunha lingua.
O nome alfabeto creouse ao xuntar alfa + beta, os nomes das dúas primeiras letras do grego. Abecedario é o resultado de unir as catro primeiras letras do latín.
Ao contrario do que acontece no español, o nome das letras é de xénero masculino en galego: o a, o be, o pe etc.
O noso alfabeto consta de 23 letras ou grafías (5 vogais e 18 consoantes):
Os dígrafos
Ademais destas 23 letras, temos tamén 6 dígrafos. Un dígrafo é unha combinación de dúas letras que se empregan para representar na escrita, un único son. Os dígrafos do galego son:
No hay comentarios.:
Publicar un comentario