viernes, 19 de junio de 2020

DESPEDIDA DE CURSO E PROPOSTAS PARA O VERÁN



Rematou o curso. E queremos felicitarvos a todos por chegar ata aquí con ánimos. Alumnado e familias. Por iso vos deixamos esa pequena homenaxe en forma de postal.




Este curso  que acaba recordarémolo todos por distintas cousas, entre elas por ser un curso atípico e cheo de incertezas. Pero parécenos que debemos saber verlle tamén algunha  cousa boa. E unha delas, e moi importante, é a capacidade de adaptación. E vós soubestes sobrepoñervos e adaptarvos á nova situación. Sodes uns CAMPIÓNS E CAMPIONAS.

Esperamos volver a vernos en setembro cheos de enerxía e positividade, con moitas gañas para enfrentarnos a outro curso e ás novidades que nos depare. 
Mentres, descansade, divertídevos e  gozade do verán nas grandes e nas pequenas cousas de cada día. E  dedicade tamén  un pouco de tempo aos retos que aquí vos propoñemos. E que vos axudarán a chegar a setembro  máis capaces. 
MOI BO VERÁN A TODOS. 

No documento que que aparece AQUÍ deixámosvos a nosa proposta para verán. 

O BOLETÍN COAS NOTAS RECIBIRÉDELO POR ABALAR MÓBIL AO LONGO DO DÍA DE HOXE. Como na 2º avaliación. 

SEN NADA DEFINITIVO RESPECTO AO CURSO 2020-21, SE O HAI ANTES DE SETEMBRO COMUNICARASE NA WEB DO CENTRO E POR ABALAR MÓBIL.

GRAZAS E BO VERÁN. COIDÁDEVOS. 





jueves, 18 de junio de 2020

VIDEOCHAMADA GRUPAL FIN DE CURSO

Ola a todos.

Deixámosvos aquí o enlace para acceder á videochamada para despedir o curso. Esperamos que poidades conectarvos e así poder vernos.

Como explicamos aos pais no correo que lles enviamos, poñemos dúas horas para facilitar conectarse a unha ou outra segundo a disponibilidade horaria.
Aquí só está o enlace e o número de reunión, calquera das dúas cousas vale para unirse á reunión. O O COTRASINAL mandámolo ao correo dos pais.

Para os que nunca usastes WEBEX, que é a plataforma de videochamada que imos usar, porque é a que facilita a Consellería. Tedes que entrar no enlace e cando o fagades xa vos solicita descargar e instalar a aplicación. Despois só é poñer o contrasinal.
Podedes usar ordenador, tablet ou móbil.

REUNIÓNS 3º A

Reunión das 11.00h  3ºA






Enlace de la reunión:
https://eduxunta.webex.com/eduxunta/j.php?MTID=m3b5499b50eada0d1b60f728444827c3d
Número de reunión:
121 915 6002

Más formas de unirse


Unirse mediante sistema de vídeo
Marcar 1219156002@eduxunta.webex.com
También puede marcar 62.109.219.4 e introducir su número de reunión.
Unirse por teléfono
+34-91215-8236 Spain Toll
Código de acceso: 121 915 6002



Reunión das 19.00h 3ºA



Enlace de la reunión:
https://eduxunta.webex.com/eduxunta/j.php?MTID=md9b2f1427c3bf9e9bb16e3bb22c83229
Número de reunión:
121 717 5542


Más formas de unirse



Unirse mediante sistema de vídeo
Marcar 1217175542@eduxunta.webex.com
También puede marcar 62.109.219.4 e introducir su número de reunión.
Unirse por teléfono
+34-91215-8236 Spain Toll
Código de acceso: 121 717 5542








Reunión  clase 3ºB

Reunión das 11: 30

Número de reunión (código de acceso): 163 386 1772

Contraseña de la reunión: 3BGina (324462 a través de sistemas de vídeo)
Reunión das 7:30

enlace: https://meetingsemea23.webex.com/meetingsemea23-es/j.php?MTID=mc55ec23e21b09b0bab1ce8548d462726
Número de reunión (código de acceso): 163 285 5349

Contraseña de la reunión: 3BGina (324462 a través de sistemas de vídeo) 


domingo, 14 de junio de 2020

TAREFAS SEMANA 15 AO 19 DE XUÑO

Xa chegamos á última semana do curso e para deixar un bo sabor de boca propoñémosvos non facer tarefas de snappet, edubook...e compartir a vosa creatividade e alegría con tod@s.
Asi que a nosa proposta semanal é esta. Esperamos que vos guste e que participedes.

PROPOSTA SEMANA 15 A 19 DE XUÑO.

Sube aquí as túas colaboracións para despedir o curso. Grazas a tod@s por participar.


Hecho con Padlet

miércoles, 10 de junio de 2020

UNHA ÁRBORE MÁXICA

Coma sempre agradecervos a vosa participación. Deixamos aquí colgados os vosos estupendos debuxos do conto de Teresa González Costa ou podedes colgalos vós mesmos.
Acordádevos que se vos apetece, podedes mandarllo a autor que seguro que lle encanta velos e saber que escoitastes os seus contos.


Hecho con Padlet

domingo, 7 de junio de 2020

TAREFAS SEMANA 8-12 XUÑO

Ola a todos de novo. Xa estamos de volta con outra proposta.
Ide seguindo os enlaces que encontraredes no documento de tarefas.

TAREFAS SEMANA 8-12 XUÑO.

Boa semana. E ánimo, que xa estamos rematando.

Estade atentos para a semana, chega un FIN DE CURSO con propostas divertidas.


jueves, 28 de mayo de 2020

TAREFAS SEMANA 1 AO 5 DE XUÑO

Boa semana a todos.
Xa estamos de volta. Esperamos que todos sigades ben e con ánimo.
Aquí vos deixamos as TAREFAS PARA ESTA SEMANA.  (Inclúen as fichas que das que damos explicación a continuación).

Desta vez utilizamos en algunhas actividades un sistema de envio que non usaramos ata agora.... unhas fichas ás que accederás nos seguintes enlaces e que poderás completar co ordenador e enviar á túa profe. Esperamos que vos guste esta modo de envío e que vos facilite a tarefa. 

Cando rematas a ficha debes dar a "Terminado" e aparecerán os recadros para completar:
Nome: (Se pos o grupo, non é necesario o apelido) 
Curso: 3º A ou B
Cando o completes dá a "Enviar"

Unha vez que a envies poderás ver os erros/acertos e a puntuación. 


domingo, 24 de mayo de 2020

TAREFAS 25-29 MAIO

Velaquí estamos de novo! Que tal todo? Esperamos que todo vaia evolucionando a mellor.
Nós estamos moi contentas da vosa resposta no muro da semana pasada. Todos os que participastes fixestes proposta moi chulas. Esperamos que vós tamén gozarades facéndoo e vendo as propostas dos compañeiros. 

Esta semana presentamos unha nova proposta deTAREFAS



Para os que poidades (recordade que as actividades feitas con Flash non se ven nos móbiles e tablets) unhas actividades de REPASO CON MOEDAS 


viernes, 22 de mayo de 2020

AXUDAS FONDO LIBROS/ MATERIAL E COMEDOR

NA WEB DO CENTRO INFORMACIÓN MÁIS DETALLADA:
FONDO LIBROS
COMEDOR

Publicamos a información enviada por Abalar móbil ás familias o pasado 19 de maio.

Convocado fondo e axudas para libros e material
Descrición do aviso: Publicada no DOG hoxe a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2020/21 (código de procedemento ED330B).
Prazo: “preferentemente” nas datas indicadas referidas ao nivel educativo no que estará o alumno/a no 20-21:
No caso de irmáns pode acollerse ao que mellor lle conveña
1º EP: 22-25-26 maio
2º EP: 27-28-29 maio
3º EP: 1-2-3 xuño
4º EP: 4-5-8 xuño
5º EP: 9-10-11 xuño
6º EP: 15-16-17 xuño

Nesas mesmas datas pode presentarse preinscrición no comedor (provisorio). Para comedor tamén pode presentarse mediante correo electrónico en avisoscomedorportofaro@gmail.com  indicando:
 - Nome do alumno/a no asunto
 - Solicitude cuberta e asinada escaneada en pdf
 - Resto de docs (cando se teña) noutro/s fichero/s


domingo, 17 de mayo de 2020

TAREFAS SEMANAIS (18-22 MAIO). VAI DE LETRAS GALEGAS!!

Esta entrada é longa, míraa ata o final.

FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS!!

Cada 17 de maio festexamos o Día das Letras. É un día importante para a cultura galega.
Convidámoste a festexalo  e a axudarnos a cultivar o noso galego. Úsao , polo menos un pouquiño,  para que medre e floreza.
 Fonte: imaxe tomada de primaveradasletras.gal




CONTO DO AUTOR HOMENAXEADO ESTE ANO.



Para entreterte. Descargables sobre as Letra Galegas 2020 (Tomados de primaveradasletras.gal)
  1. DEBUXO PARA COLOREAR SOBRE O CONTO AS PITAS BAIXO A CHOIVA
  2. MARCAPÁXINAS DESCARGABLE  LETRAS GALEGAS 2020

MURO PARA IR  COLGANDO OS VOSOS TRABALLOS DAS LETRAS  GALEGAS (ESTÁN MARCADOS NAS TAREFAS DESTA SEMANA)
Animámosvos a que os subades vós, Cada un na columna correspondente do muro. 
Dade a máis (+) nunha columna e xa podedes escribir, engadir unha pista, canción... que queirades. Non esquezades poñer no voso post-it o voso nome sen apelido e o curso. Tamén  podedes comentar  ou dar un like aos post dos compañeiros. Para ver os outros post-it ide cara abaixo en cada columna.
Se non conseguides subilos,  colgaremos nós os traballos que nos enviedes. 

Hecho con Padlet

domingo, 10 de mayo de 2020

TAREFAS DA SEMANA 11 AO 15 DE MAIO


Deixámosvos as tarefas para esta semana. Necesitaredes  un caderno para facer as do pequeno conto que vos poñemos de lectura.
E como dicimos sempre, ainda que facemos unha proposta de tarefas por día, as vosas situacións son parte importante e debedes adaptar os tempos a elas.
Moito ánimo, estades facéndoo moi ben. Moi boa semana e  moitos bicos.


Enlace ao conto de lectura. A MELLOR SOPA DO MUNDO.

TAREFAS SEMANAIS.