lunes, 19 de octubre de 2020

PASOS PARA ACCEDER A AULA VIRTUAL

 Deixamos este pdf para recordar os pasos para acceder á aula virtual e recordar onde podemos atopar os contidos máis importantes de cada tema ou o tema do libro en pdf. 

AQUÍ 

Esperamos que vos sexa útil. 


viernes, 9 de octubre de 2020

COMO ACCEDER ÁS FICHAS (TAREFAS) EN LIVEWORKSHEETS (PARA 4ºA)

Aquí vos deixo unhas breves instrucións para entrar nas tarefas de liveworksheets e facer as fichas que temos asignadas. Creo que vos será moi fácil.


aparecerá esta pantlla para poñer as claves. (Mandeille a cada un pegar a etiqueta de claves na súa axenda) 

 

Despois de poñer as claves accedemos á nosa sesión e aparecerán as tarefas que temos pendentes 


Só temos que clicar encima de cada tarefa para que apareza. IMPORTANTE: só temos que facer as tarefas asignadas, ainda que poderemos ver outras que a profesora ten gardadas no caderno. 


Ao abrir a tarefa cubrimos o que nos pide. 

Despois, ao rematar, damos a " Terminado" e a tarefa envíase á profesora. Nós podemos ver os erros que temos e a nota/valoración da tarefa. 


Confio en que vos será moi fácil. 

Ánimo e a traballar, que nos serven de repaso e son moi fáciles. 





RULETA TABLAS DEL 6 Y 7

 

PULSA PARA REPASAR

jueves, 1 de octubre de 2020

NÚMEROS ROMANOS

 


AQUÍ tienes unos ejercicios interactivos. Seguro que los haces muy bien. Ánimo!!

Números ordinales




MIRA EL VIDEO, SI PREFIERES






O sentido da vista


Partes do ollo 


 
                                                Como vemos 



 

Sentido do tacto


 

Sentido do gusto


 

Sentido do olfacto


 

martes, 29 de septiembre de 2020

Comunicación verbal /comunicación no verbal

La COMUNICACIÓN es el intercambio de información entre personas. 
 






A ORDE ALFABÉTICA. O ALFABETO GALEGO

 Para ordenar  alfabeticamente precisamos saber o alfabeto. O alfabeto galego ten algunha letra menos que o castelán. Fíxate. 


O alfabeto ou abecedario é o conxunto de letras con que se representan os sons dunha lingua.

O nome alfabeto creouse ao xuntar alfa + beta, os nomes das dúas primeiras letras do grego. Abecedario é o resultado de unir as catro primeiras letras do latín.

Ao contrario do que acontece no español, o nome das letras é de xénero masculino en galego: o a, o be, o pe etc.

O noso alfabeto consta de 23 letras ou grafías (5 vogais e 18 consoantes):


 


Os dígrafos

Ademais destas 23 letras, temos tamén 6 dígrafos. Un dígrafo é unha combinación de dúas letras que se empregan para representar na escrita, un único son. Os dígrafos do galego son:



















Os sentidos


 

Acentuación de palabras

 



Matemáticas. Aproximación a las centenas y a los millares.

Fíjate en la imagen  para repasar como aproximamos a las decenas, centenas, unidades de millar... 

Y mira el video para ver como se hace. 












BENVIDA. CURSO 20-21

 Benvidos a todos.

Xa hai uns días que retomamos o curso presencialmente. Reencontrámonos tamén aquí esperando que o blog sexa un espazo de encontro desde o que poder acceder aos recursos e facilitar as tarefas escolares. 

Este novo curso ven cheo de retos, dúbidas, ilusións... e co esforzo e colaboración de todos estamos seguros que conseguiremos superalo con éxito e sen grandes inconvenientes. 

De modo, que ÁNIMO, A TRABALLAR... E BO CURSO A TODOS/AS.


viernes, 19 de junio de 2020

DESPEDIDA DE CURSO E PROPOSTAS PARA O VERÁN



Rematou o curso. E queremos felicitarvos a todos por chegar ata aquí con ánimos. Alumnado e familias. Por iso vos deixamos esa pequena homenaxe en forma de postal.




Este curso  que acaba recordarémolo todos por distintas cousas, entre elas por ser un curso atípico e cheo de incertezas. Pero parécenos que debemos saber verlle tamén algunha  cousa boa. E unha delas, e moi importante, é a capacidade de adaptación. E vós soubestes sobrepoñervos e adaptarvos á nova situación. Sodes uns CAMPIÓNS E CAMPIONAS.

Esperamos volver a vernos en setembro cheos de enerxía e positividade, con moitas gañas para enfrentarnos a outro curso e ás novidades que nos depare. 
Mentres, descansade, divertídevos e  gozade do verán nas grandes e nas pequenas cousas de cada día. E  dedicade tamén  un pouco de tempo aos retos que aquí vos propoñemos. E que vos axudarán a chegar a setembro  máis capaces. 
MOI BO VERÁN A TODOS. 

No documento que que aparece AQUÍ deixámosvos a nosa proposta para verán. 

O BOLETÍN COAS NOTAS RECIBIRÉDELO POR ABALAR MÓBIL AO LONGO DO DÍA DE HOXE. Como na 2º avaliación. 

SEN NADA DEFINITIVO RESPECTO AO CURSO 2020-21, SE O HAI ANTES DE SETEMBRO COMUNICARASE NA WEB DO CENTRO E POR ABALAR MÓBIL.

GRAZAS E BO VERÁN. COIDÁDEVOS. 





jueves, 18 de junio de 2020

VIDEOCHAMADA GRUPAL FIN DE CURSO

Ola a todos.

Deixámosvos aquí o enlace para acceder á videochamada para despedir o curso. Esperamos que poidades conectarvos e así poder vernos.

Como explicamos aos pais no correo que lles enviamos, poñemos dúas horas para facilitar conectarse a unha ou outra segundo a disponibilidade horaria.
Aquí só está o enlace e o número de reunión, calquera das dúas cousas vale para unirse á reunión. O O COTRASINAL mandámolo ao correo dos pais.

Para os que nunca usastes WEBEX, que é a plataforma de videochamada que imos usar, porque é a que facilita a Consellería. Tedes que entrar no enlace e cando o fagades xa vos solicita descargar e instalar a aplicación. Despois só é poñer o contrasinal.
Podedes usar ordenador, tablet ou móbil.

REUNIÓNS 3º A

Reunión das 11.00h  3ºA






Enlace de la reunión:
https://eduxunta.webex.com/eduxunta/j.php?MTID=m3b5499b50eada0d1b60f728444827c3d
Número de reunión:
121 915 6002

Más formas de unirse


Unirse mediante sistema de vídeo
Marcar 1219156002@eduxunta.webex.com
También puede marcar 62.109.219.4 e introducir su número de reunión.
Unirse por teléfono
+34-91215-8236 Spain Toll
Código de acceso: 121 915 6002



Reunión das 19.00h 3ºA



Enlace de la reunión:
https://eduxunta.webex.com/eduxunta/j.php?MTID=md9b2f1427c3bf9e9bb16e3bb22c83229
Número de reunión:
121 717 5542


Más formas de unirse



Unirse mediante sistema de vídeo
Marcar 1217175542@eduxunta.webex.com
También puede marcar 62.109.219.4 e introducir su número de reunión.
Unirse por teléfono
+34-91215-8236 Spain Toll
Código de acceso: 121 717 5542








Reunión  clase 3ºB

Reunión das 11: 30

Número de reunión (código de acceso): 163 386 1772

Contraseña de la reunión: 3BGina (324462 a través de sistemas de vídeo)
Reunión das 7:30

enlace: https://meetingsemea23.webex.com/meetingsemea23-es/j.php?MTID=mc55ec23e21b09b0bab1ce8548d462726
Número de reunión (código de acceso): 163 285 5349

Contraseña de la reunión: 3BGina (324462 a través de sistemas de vídeo) 


domingo, 14 de junio de 2020

TAREFAS SEMANA 15 AO 19 DE XUÑO

Xa chegamos á última semana do curso e para deixar un bo sabor de boca propoñémosvos non facer tarefas de snappet, edubook...e compartir a vosa creatividade e alegría con tod@s.
Asi que a nosa proposta semanal é esta. Esperamos que vos guste e que participedes.

PROPOSTA SEMANA 15 A 19 DE XUÑO.

Sube aquí as túas colaboracións para despedir o curso. Grazas a tod@s por participar.


Hecho con Padlet

miércoles, 10 de junio de 2020

UNHA ÁRBORE MÁXICA

Coma sempre agradecervos a vosa participación. Deixamos aquí colgados os vosos estupendos debuxos do conto de Teresa González Costa ou podedes colgalos vós mesmos.
Acordádevos que se vos apetece, podedes mandarllo a autor que seguro que lle encanta velos e saber que escoitastes os seus contos.


Hecho con Padlet

domingo, 7 de junio de 2020

TAREFAS SEMANA 8-12 XUÑO

Ola a todos de novo. Xa estamos de volta con outra proposta.
Ide seguindo os enlaces que encontraredes no documento de tarefas.

TAREFAS SEMANA 8-12 XUÑO.

Boa semana. E ánimo, que xa estamos rematando.

Estade atentos para a semana, chega un FIN DE CURSO con propostas divertidas.


jueves, 28 de mayo de 2020

TAREFAS SEMANA 1 AO 5 DE XUÑO

Boa semana a todos.
Xa estamos de volta. Esperamos que todos sigades ben e con ánimo.
Aquí vos deixamos as TAREFAS PARA ESTA SEMANA.  (Inclúen as fichas que das que damos explicación a continuación).

Desta vez utilizamos en algunhas actividades un sistema de envio que non usaramos ata agora.... unhas fichas ás que accederás nos seguintes enlaces e que poderás completar co ordenador e enviar á túa profe. Esperamos que vos guste esta modo de envío e que vos facilite a tarefa. 

Cando rematas a ficha debes dar a "Terminado" e aparecerán os recadros para completar:
Nome: (Se pos o grupo, non é necesario o apelido) 
Curso: 3º A ou B
Cando o completes dá a "Enviar"

Unha vez que a envies poderás ver os erros/acertos e a puntuación. 


domingo, 24 de mayo de 2020

TAREFAS 25-29 MAIO

Velaquí estamos de novo! Que tal todo? Esperamos que todo vaia evolucionando a mellor.
Nós estamos moi contentas da vosa resposta no muro da semana pasada. Todos os que participastes fixestes proposta moi chulas. Esperamos que vós tamén gozarades facéndoo e vendo as propostas dos compañeiros. 

Esta semana presentamos unha nova proposta deTAREFAS



Para os que poidades (recordade que as actividades feitas con Flash non se ven nos móbiles e tablets) unhas actividades de REPASO CON MOEDAS 


viernes, 22 de mayo de 2020

AXUDAS FONDO LIBROS/ MATERIAL E COMEDOR

NA WEB DO CENTRO INFORMACIÓN MÁIS DETALLADA:
FONDO LIBROS
COMEDOR

Publicamos a información enviada por Abalar móbil ás familias o pasado 19 de maio.

Convocado fondo e axudas para libros e material
Descrición do aviso: Publicada no DOG hoxe a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2020/21 (código de procedemento ED330B).
Prazo: “preferentemente” nas datas indicadas referidas ao nivel educativo no que estará o alumno/a no 20-21:
No caso de irmáns pode acollerse ao que mellor lle conveña
1º EP: 22-25-26 maio
2º EP: 27-28-29 maio
3º EP: 1-2-3 xuño
4º EP: 4-5-8 xuño
5º EP: 9-10-11 xuño
6º EP: 15-16-17 xuño

Nesas mesmas datas pode presentarse preinscrición no comedor (provisorio). Para comedor tamén pode presentarse mediante correo electrónico en avisoscomedorportofaro@gmail.com  indicando:
 - Nome do alumno/a no asunto
 - Solicitude cuberta e asinada escaneada en pdf
 - Resto de docs (cando se teña) noutro/s fichero/s


domingo, 17 de mayo de 2020

TAREFAS SEMANAIS (18-22 MAIO). VAI DE LETRAS GALEGAS!!

Esta entrada é longa, míraa ata o final.

FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS!!

Cada 17 de maio festexamos o Día das Letras. É un día importante para a cultura galega.
Convidámoste a festexalo  e a axudarnos a cultivar o noso galego. Úsao , polo menos un pouquiño,  para que medre e floreza.
 Fonte: imaxe tomada de primaveradasletras.gal




CONTO DO AUTOR HOMENAXEADO ESTE ANO.



Para entreterte. Descargables sobre as Letra Galegas 2020 (Tomados de primaveradasletras.gal)
  1. DEBUXO PARA COLOREAR SOBRE O CONTO AS PITAS BAIXO A CHOIVA
  2. MARCAPÁXINAS DESCARGABLE  LETRAS GALEGAS 2020

MURO PARA IR  COLGANDO OS VOSOS TRABALLOS DAS LETRAS  GALEGAS (ESTÁN MARCADOS NAS TAREFAS DESTA SEMANA)
Animámosvos a que os subades vós, Cada un na columna correspondente do muro. 
Dade a máis (+) nunha columna e xa podedes escribir, engadir unha pista, canción... que queirades. Non esquezades poñer no voso post-it o voso nome sen apelido e o curso. Tamén  podedes comentar  ou dar un like aos post dos compañeiros. Para ver os outros post-it ide cara abaixo en cada columna.
Se non conseguides subilos,  colgaremos nós os traballos que nos enviedes. 

Hecho con Padlet

domingo, 10 de mayo de 2020

TAREFAS DA SEMANA 11 AO 15 DE MAIO


Deixámosvos as tarefas para esta semana. Necesitaredes  un caderno para facer as do pequeno conto que vos poñemos de lectura.
E como dicimos sempre, ainda que facemos unha proposta de tarefas por día, as vosas situacións son parte importante e debedes adaptar os tempos a elas.
Moito ánimo, estades facéndoo moi ben. Moi boa semana e  moitos bicos.


Enlace ao conto de lectura. A MELLOR SOPA DO MUNDO.

TAREFAS SEMANAIS.


miércoles, 6 de mayo de 2020

TAREFAS DE PLÁSTICA

A  profe Esther mándavos un saúdo a todos e deixavos unha proposta para traballar a Plástica.
Cando a rematedes podedes enviar a foto do voso traballo ao correo que vos indica nas instruccións.

Seguro que sodes moi creativos e vos saen marabillas.

Proposta de traballo de Plástica

lunes, 4 de mayo de 2020

TAREFAS SEMANA 5 AO 8 MAIO

Ainda que hoxe sería día de ponte no noso colexio, deixámosvos aquí as tarefas para esta semana. Xa sabedes, como sempre, están distribuidas por días pero a organización é flexible.

Esta semana propoñemos a lectura dun pequeno libro que vos deixamos abaixo e do que tedes que responder ás preguntas que veñen no final. Esperamos que vos guste e que vos faga pensar.  É moi sinxeliño de ler e moi ameno. Boa lectura e boa semana.

LIBRO DE LECTURA.

TAREFAS SEMANA 5 AO 8 DE MAIO.

CREBACABEZAS PARA O DÍA DA NAI

Este domingo foi o día da nai. Para celebralo deixamos este crebacabezas.

Para os que vos gusten os "puzzles", que ademais de entreter axudan a traballar a percepción viso-espacial e a concentración. Neste páxina https://www.jigsawplanet.com/
 podes facer este e outros crebacabezas que podes escoller por dificultade ou tema. Tamén podes cambiarlle o número de pezas.
Para acceder  ao da imaxe  preme aquí

Verás que dentro da páxina enlazada,  na barra inferior á esquerda aparece un incono de imaxe, se premes aparece a foto que tes que construir e se lle dás á pantasma aparece a foto como fondo para ir poñendo as pezas sobre ela.
Elixe a maneira que máis che guste, pero o reto é facelo sen imaxe de fondo.

miércoles, 29 de abril de 2020

AVISO SOBRE AULA VIRTUAL DE MÚSICA

Deixámosvos estes aviso que a profesora de Música, Ana, nos pide que transmitamos.


Esta é a carta onde vos convida a entrar e onde vos explica como. Clica AQUÍ


lunes, 27 de abril de 2020

PLANIFICACIÓN DA SEMANA 27 A 30 DE ABRIL

DEIXÁMOSVOS UNHA PROPOSTA DE TRABALLO PARA ESTA SEMANA. SÓ PRECISAN UN CADERNO, NON TERÍAN QUE IMPRIMIR NADA.

OBSERVADE QUE EN ALGÚN DÍA HAI TAREFA PARA ENTREGAR (FOTO POR CORREO)

GRAZAS E BOA SEMANA

PLANIFICACIÓN PARA ESTA SEMANA


AVISO:   TEDES PROPOSTA DE TRABALLO DE MÚSICA NA AULA VIRTUAL

viernes, 24 de abril de 2020

RETO ARTÍSTICO

O pasado 15 de abril foi o día Mundial da arte. E entre todos os profes do cole fixemos este video para conmemoralo. Esperamos que vos guste.

PORTOFARO CON ARTE

Coñeciades todos estes cadros? Gustouvos?

Agora é o voso turno. É fácil. Animámosvos a que participedes neste reto que lanza o colexio para todas as familias.


Ola familias!
Aquí vos deixamos outra idea de entretemento educativa e creativa que pensamos lles pode gustar aos nenos e nenas (e se cadra tamén a maiores). Invitámosvos a que, se queredes, participedes con nós nesta actividade sen prazo, nin límite de tempo. 
Consiste básicamente en recrear unha obra de arte pictórica, escultórica, fotográfica... cos medios e recursos que teñamos a man. Como vedes na nosa, participan maiores, nenos e nenas, mascotas , o que se queira. 
Unha vez recreada , sacades a foto e a colocades nun documento novo xunto á orixinal e volvedes a gardar para mandala como unha soa foto que teredes que enviarnos a museoarte@ceipportofaro.com
A medida que vaian chegando as iremos colocando, co voso permiso, nun espazo público para que se poida ver como vai quedando. Esperamos que vos guste a idea e que , quen lle apeteza participe coa súa "recreación de arte en Portofaro"

A PARTICIPAAAARR!!



Solucionario de "Repaso semana 20-24 abril"

Ola a todos.

Deixámosvos o solucionario das tarefas do arquivo "Tarefas semana 20-24 abril". Podedes revisar, para facer autocorrección e ver posibles erros. Ainda que seguro teredes todo ben.
As tarefas de inventar un conto e describir (está marcado no solucionario) enviádenolas ás profesoras.
Deixamos o solucionario tamén na entrada onde puxemos as tarefas o luns.

Solucionario

miércoles, 22 de abril de 2020

Estarricamos as pernas coas táboas de multiplicar

Estarricamos as pernas coas táboas de multiplicar: Con esta actividade pretendemos que fagades un pouquiño de exercicio matemático. Imos xogar coas táboas de multiplicar e con esta  aplicación  que vimos en aulasgalegas.org

Acceso directo ás indicacións

Acceso ao xogo: Esta actividade de Olga Patiño Abeixón (está baseada na proposta de Rosa Martínez, tal e como aparece reflectido na aplicación Scratch) Se picas no nome desta mestra terás o enlace aos xogos. 

ANÍMATE, TÍ PODES SER O/A  PICHICHI DESTA LIGA. 




lunes, 20 de abril de 2020

TAREFAS CON SNAPPET NA CASA

Ola a todos.

Xa tedes dispoñibles nos vosos correos as claves de acceso persoais para traballar con snappet na casa.

A utilización da plataforma non ten ningún custo. O acceso é gratuito. E permitiranos aos profes facer un seguemento online das actividades que os nenos fagan.

Os profesores iremos poñendo tarefas para que poidades facer desde a plataforma.
Tedes que entrar en https://alumno.snappet.org/login?1587382326890=   e introducir as claves que vos facilitamos no correo electrónico. O alumno/a xa terá algunhas leccións accesibles. E iremos disponibilizando máis a medida que as vaian facendo.


Para calquera dúbida xa sabedes como contactarnos.



TAREFAS SEMANA 20 A 24 DE ABRIL

Ola rapaces e rapazas

Outra vez vos deixamos unhas poucas tarefas para esta semana.
Ademais esta semana comezamos a traballar con snappet. De maneira que será máis fácil que fagades as tarefas e nós vaiamos vendo o que facedes. Así que estas que vos deixamos aquí son para ir facendo sen agobios, porque algo hai que escribir. Non vai ser todo tablet.
Son unhas poucas tarefas máis que as da semana  pasada, para que os que van a ritmo lixeiro teñan traballo. E ainda que é bo que as vaiades facendo, tampouco é cuestión de agobiarse por rematar todo ou seguir a pauta dos días que marcamos. Trátase de traballar todos os días algo, pero a organización é libre.

TAREFA SEMANA 20-24 ABRIL 

REPASO ONLINE TEMA DIVISIÓN

REPASO ONLINE TEMA O CORPO

Solucionario para autocorrección de "Tarefas semana 20-24 abril"

jueves, 16 de abril de 2020

Recurso para non imprimir

Ola familias

Queremos achegarvos un recurso que quizáis xa coñezades. Trátase dun editor online de pdf.
Permítevos subir a esta páxina un arquivo pdf e convérteo en arquivo editable. Poderedes escribir ou incluir imaxes, etc nese documento.

Este recurso pode servos útil se non podedes imprimir e non queredes que os nenos pasen tanto tempo copiando os exercicios (ainda que non deben deixar de practicar a escrita á man).

Hai deferentes editores online de pdf (podedes buscar en internet), nós deixámosvos este como exemplo. É bastante fácil de usar. Non necesita rexistrarse. Só entrar e subir o arquivo que queiras usar, e gardar os cambios para xerar un novo pdf. Trátase de  https://www.sejda.com/es/pdf-editor


Unhas pequenas indicacións, por se alguén precisa.

1. Entrar en https://www.sejda.com/es/pdf-editor

2. Clicar en "Subir archivo pdf" e subir o arquivo co que queiras traballar.

3.- Automaticamente abre un arquivo editable. Xa podes modificalo.
Para escribir as respostas tedes que asegurarvos de que está clicado o recadro texto (Text)  que aparece na parte superior da pantalla nunha barra branca e azul. Con recadro "Text" marcado en azul xa podedes clicar en calquera parte do documento e empezar a escribir.

Todo o que fagades podedes desfacelo marcando na barra superior "More", desprégase unha pestaña e clicades "Undo" desfacer. Seleccionades que acción queredes desfacer e clicades "revert selected" (revertir, desfacer o seleccionado).

Podedes engadir unha páxina en branco para escribir ou pegar unha imaxe clicando en "insert page here".

4..- Cando rematedes de escribir ou completar todo o que queirades podedes gardar o arquivo dando á pestana "Aplicar cambios" que aparece en verde no fondo da páxina.
Crea un novo pdf  que inclúe os vosos cambios. Este novo  arquivo  podedes gardarlo  (clicar en "download") enviarlo  ou imprimirlo.

Espero  non telo liado moito 😊


AS NOSAS VIAXES IMAXINARIAS

AS NOSAS VIAXES de maria luisa mosquera

IMOS DE VIAXE

IMOS  DE VIAXE...

XA NOS DERON AS NOTAS, E DESPOIS DESTE CAÓTICO  TRIMESTRE BEN MERECEMOS UNHA VIAXE.
IMOS ALÁ???



UPPS!!!! VAI SER QUE NON!!!! SOMOS XENTE DE SENTIDIÑO E IMOS QUEDAR NA CASA.



AGORA BEN, A IMAXINACIÓN SEGUÍMOLA TENDO, NON??


POIS  TEMOS UNHA PROPOSTA PARA TÍ. PREME AQUÍ


martes, 14 de abril de 2020

Só para alumnado de Relixión. Tarefas de Relixión Católica


Aquí vos deixamos as tarefas que a profesora de Relixión Católica  pediu que vos fixésemos chegar. Estas son as indicacións:

Poñer no buscador de Google "actividades religion Anaya 3º" (xa saben os nenos, porque o fan cando van coa profesora á aula de informática) ou entrar en https://relijuanjo.blogspot.com/2012/04/recursos-interactivos-editorial-anaya.html  e cliclar en 3º. Das dúas maneiras se accede ao mesmo material. 

A proposta é facer 2 unidades por semana, comenzando pola unidade 1. 

Para os que teñades dúbidas podedes poñervos en contacto coa profesora  de Relixión a través do correo que vos enviamos ao voso correo electrónico. 

Saúdos 

lunes, 13 de abril de 2020

CADERNO DE CREATIVIDADE

Unha compañeira colgou en AULAS GALEGAS un caderniño moi interesante para que o alumnado

se entreteña e desenvolva a súa creatividade. Sería un recordo moi bonito para cando todo esto pase.

Animámosvos a que o fagades.

CADERNOCREATIVIDADE-EUQUEDONACASA


SEMANA 14 A 17 DE ABRIL

BOA SEMANA FAMILIAS.

VOLTAMOS A DEIXARVOS UNS TRABALLIÑOS PARA OS PEQUES. DE MOMENTO,

SIGUEN A SER UN POUCO DE REPASO.

AGRADECEMOS MOITO A VOSA COLABORACIÓN,  SE TEDES ALGUNHA DIFICULTADE

E PODEMOS AXUDAR, XA SABEDES QUE ESTAMOS PARA ISO. AGRADECEMOS TAMÉN

CALQUERA SUXERENCIA QUE SE VOS OCORRA.

UN SAÚDO E MOITO ÁNIMO

PROPOSTA DE TRABALLO


Nota aclaratoria:

Nesta proposta de traballo que vos deixamos, hai un enlace (repaso de lengua do día 1 e do día 3)  que dá paso a unha web con tarefas de Anaya de repaso de Lengua. Para os que accededes desde un dispositivo distinto ao ordenador, p.e móbil ou tablet Android, seguramente non vos abrirán as páxinas e indicará non compatible ou algo así.  Neste caso deixamos aquí os arquivos  pdf correspondentes aos repasos ao que daría acceso ese enlace. Non será interactivo pero o contido é o mesmo.

  http://www.ceipjuanherreraalcausa.es/Recursosdidacticos/TERCERO/datos/02_Lengua/datos/rdi/menu_general.htm  este enlace ao repaso de  lengua de Anaya,  que accede a unha web que  desde o móbil non abre, correspondería co que incluímos nos seguintes  arquivos pdf:
 Temas 2 e 3 

Temas 4 e 5 




jueves, 2 de abril de 2020

UNHAS LECTURAS NO DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL

O 2 de abril (data do nacemento de Hans Christian Andersen)  conmemórase o día internacional do libro infantil e xuvenil. Así que non hai disculpa para non ler algo. E se non é hoxe pode ser calquera día.
Aquí vos deixamos uns  exemplos de libros que as editoriais disponibilizan na rede gratuitamente con motivo da corentena que estamos vivindo.

Así que, ánimo e a ler un pouco. Esperamos que vos agraden.


Feliz Feroz. O lobiño riquiño (Ed. Xerais) Este xa volo recomendamos nunhas das tarefas que vos enviamos. É divertido e sinxelo de ler.  Preme aquí. 

Caperucita de Colores (Ed. Bruño). Preme aquí (Este é moi curtiño, para empezar a animarse)

Lola Pimienta y el secuestrador de perros. (Ed. Bruño) Preme aquí

Cuentos cortos de animales en peligro (E. Bruño).Para ir lendo un conto cada día. Preme aquí


E se queredes máis sobre o día do libro infantil visitade esta páxina das Bibliotecas escolares de Galicia


miércoles, 1 de abril de 2020

O SABEDOIRO. Novo espazo educativo na TVG2

Un novo recurso para todos e especialmente para os que a TV lles resulta máis accesible que a información a través da rede.
Máis información sobre o recurso no enlace de abaixo. Esperamos que vos sexa útil e vos guste. Ademáis axudaravos a refrescar o galego.

Premede aquí para máis información.



MÚSICA INFANTIL EN GALEGO

Os que sodes seguidores do Xabarín Club xa coñeceredes a maioría das cancións. Para os demais esta é unha boa oportunidade. Oír música sempre nos anima, así que vos deixamos un enlace onde podedes escoller entre a variedade de cancións que vos propón o Xabarín. Algunhas ben marchosas e entretídas. Que vos divirtades!!!

Premede aquí 



lunes, 30 de marzo de 2020

Video co saúdo portofareiro para os nosos nenos e nenas

Queremos compartir con todos vós un saúdo cariñoso para todos os nosos nenos e familias. Está feito coa ilusión de que vos guste e de que pronto nos vexamos en persoa.

Bicos a todos/as.

Clica aquí


AVISO IMPORTANTE ALUMNADO DE COMEDOR

Hoxe convocouse unha axuda para os usuarios de comedor gratuítos ou que abonen un euro.
Os interesados tedes a nota informativa do colexio premendo aquí. 
E toda a información na web do colexio http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipportofaro/

O prazo remata o día 6 de abril.

Xogos didácticos on line



Neste enlace, tedes unha morea de xogos didácticos para repasar xogando algúns conceptos. Chámase Vedoque. 

ACURTANDO DISTANCIAS

QUE VOS PARECE SE NOS VEMOS OS CARETOS???

XA LEVAMOS MOITOS DÍAS SEN VERNOS, BOTÁMONOS MOOOOITO DE MENOS.

SE VOS APETECE, PEDÍDELLE A ALGUÉN QUE VOS QUITE UNHA FOTO CUNHA FRASE

DE ÁNIMO E MANDÁDEA AO CORREO DA VOSA PROFE. AS PROFES MONTAREMOS UN

VÍDEO CON ELAS E ASÍ TOD@S VOLVEREMOS A VERNOS... ACURTANDO UN POUCO A

DISTANCIA.


TRABALLOS PARA A 3ª SEMANA

TRABALLOS PARA A 3ª SEMANA

E PROBLEMAS DE REPASO 

Estimadas familias, esperamos que as nosas propostas non estean resultando unha presión, nin sexan motivo de conflicto ou preocupacións nestes días diferentes e imprevistos.

Volvémosvos a dicir que as tarefas non son obrigatorias e que en cada casa se irán desenvolvendo como cadaquén (referímonos aos adultos, obviamente) considere ou poida.

Consideramos que o obxectivo é que o alumnado continúe con un hábito de traballo, dentro deste confinamento á espera de que a normalidade volva ás nosas vidas.

Dado o nivel educativo no que están, a educación á distancia faise complicada e sabemos que a axuda das familias é fundamental, o cal agradecemos enormemente.

Deixámosvos dous arquivos cunhas fichas de traballo para esta semana que se poden complementar con todas as web e canles educativo dos que vos estamos informando ou que chegan a vós desde outros medios.

Un saúdo



jueves, 26 de marzo de 2020

AVISO IMPORTANTE

As notas da 2ª avaliación entregaranse a través da app Abalar móbil. Por favor, instaládea aqueles que ainda non a tedes. 


Se alguén ten dificultades para facelo, por favor, notificádenolo por correo-e. Grazas. 

miércoles, 25 de marzo de 2020

Xogo da oca para brincar

Como non todo é estudar, deixámosvos aquí esta oca para moverse un pouco e pasar o tempo.
A ver se vos gusta.

Alternativas de lecer desde a casa. Concello de Cambre

O Concello e Cambre recopila un listado de diferentes actividades educativas, culturais, lúdicas... a facer desde a casa.
Preme aquí para acceder.

http://www.cambre.es/novas/o-concello-de-cambre-descubre-algunhas-das-alternativas-de-lecer-que-se-poden-facer-na-casa-durante-o-confinamento/?fbclid=IwAR1x1EcteaZUoIblEzYa1SpVC30VYusm59NXWpKoRV0NsETRYW3wv--9q58

martes, 24 de marzo de 2020

Xogando coas palabras

Deixámosvos aquí uns enredos lingüísticos para que os nenos e nenas aproveiten para escribir. Preme aquí para acceder.

Comprensión en galego

Aquí vos deixamos tres lecturas en galego e algúns exercicios de cada unha. Preme aquí

lunes, 23 de marzo de 2020

La Eduteca - La división. Introducción




Proba ti con estes dous  sinxelos exercicios.

Agora fai estas sinxelas divisións dunha cifra. Seguro que o fas moi ben. Ánimo... e usa as solucións só para corrixir.

Bartoliña, a nosa serpiña

Xa non tes motivo para aburrirte. Está aquí Bartoliña, a nosa serpiña.  Crea ti serpes para facer cálculo e ponlles nome.  Podes escoller o número máximo do resultado, as cantidades e o tipo de operacións. E obter os resultados (pero só para autocorrixir despois de facer os cálculos).
Veña a crear desde este enlace.



EduClan

Outro recurso accesible a todos.
Non sei exactamente o que van emitir, pero revisando o que teñen colgado na web e vendo por riba o que emitiron hoxe na TV sobre matemáticas, a franxa de 10-11h (8-10 anos) paréceme adecuada para os nosos nenos. Hoxe p.e multiplicaron por dúas cifras.

Déixovos o programa de hoxe, aínda que seguro teredes acceso desde rebobina (R) ou outras plataformars.

Programa Educlan 23 marzo. Matemáticas 8-10 anos



Cuaderno de repaso para 3º. La Calesa

A editorial La Calesa facilita este caderno con distintas actividades de repaso para 3º. Inclúe  unha variedade de exercicios de ortografía, comprensión lectora, expresión escrita e matemáticas.

Xa sabedes que o material que poñemos á vosa disposición é un recurso que vos ofrecemos para seguir a rutina escolar e non perder o hábito lectoescritor, de cálculo, de estudo... Pero claro está, que non todas as situacións familiares son iguais. Por un lado non  todos tedes acceso a impresora, ordenador, etc. E por outro non todos os pais tedes o mesmo tempo para adicar ás tarefas cos nenos; xa que algúns traballades ou tedes outras obrigas sobrevidas con esta situación. O certo é que as condicións non son as de antes do confinamento e por tanto a esixencia escolar non pode ser igual que no colexio, porque non todos teñen as memas condicións nas súas casas. Por iso recordamos que a proposta de actividades como esta  é flexible. Tratando de respectar a realización diaria de tarefas escolares.

No caso concreto deste caderno,  non tedes que facelo todo. Ide escollendo actividades das distintas categorías  e completándoas.

A idea de facilitar un caderno extenso é para permitir que os que traballan a bo ritmo teñan  actividades dispoñibles,  pero non implica que os que traballan máis lentamente deben pasar horas infinitas ata facelo todo. Non buscamos sobrecargar ás familias.

Accede ao caderno de repaso de 3º La Calesa.

Xerador de exercicios de cálculo mental

Aquí deixamos un enlace a un xerador de exercicios de cálculo mental e de operacións. Podes escoller a dificultade e o tipo de operación, entre outras cousas. E o mellor, corrixe e vai marcando o número de acertos. Queda no lateral un enlace ao recurso.
Ánimo e a repasar un pouco. Preme aquí para empezar


miércoles, 18 de marzo de 2020

Smartick: Dividir entre 1 cifra

Novas tarefas para 3º

Algunhas persoas xa nos indicaron que remataron as tarefas. Aqui vos deixamos un enlace a unha nova batería de tarefas para 3º curso.
Preme aquí para acceder.

Las Palabras Monosémicas y Polisémicas






 Fai agora os exercicios. Preme aquí aquí para acceder.

Xogo para repasar as táboas de multiplicar



Unha maneira de facer manualidades e repasar as táboas. Podes construirte un taboleiro para xogar e practicar as multiplicacións. Ou imprimilo desde aquí. 

Esperamos que vos guste. 

A moverse!!



 É unha app para IOS que nos anima a facer exercicio. Ánimo.

Tipos de texto: Receta de cocina


Aqui tedes un video no que coñecer un tipo de texto. E que vos dá oportunidade de escribir sobre algo no que seguro estades axudando na casa.
Xa sabedes, escribide unha receita como pide no final do video.



martes, 17 de marzo de 2020

Galicia le




Queremos recomendarvos unha páxina que quizais moitos como usuarios das bibliotecas públicas coñezades.
Trátase de GaliciaLe. Unha plataforma que pon a disposición do público infantil e adulto diferentes libros, revistas e películas  en préstamo online ou descargable. Tanto en galego como en castelán. Preme aquí para acceder.

Se dispoñedes de carné da biblioteca pública podedes entrar co nome de usuario e contrasinal do voso carné.

Seguro que atopades lecturas ao voso gusto.

Un saúdo

Botamos a andar

Ola a todos, nenos/as e familias.
Esperamos que este blog vos sexa útil para seguir en contacto co cole e acceder a diferentes recursos educativos que vos axuden a refrescar e reforzar tarefas escolares.
En momentos como este é bo establecer rutinas que nos axuden a organizar o tempo e dentro delas o momento para o estudo debe ser unha parte.
Confiamos en servos de axuda e mandámovos ánimos para levar o mellor posible a situación.
 Moitos bicos para os nosos nenos e nenas. Esperamos velos pronto.

As titoras.